Curso de introdución á cerámica: construción con pranchas e herbas do campo

70,00 IVA incl.

Agotado

CURSO DE INTRODUCIÓN Á CERÁMICA: CONSTRUCIÓN CON PRANCHAS E HERBAS DO CAMPO.

  • Sábado, 29 de maio, 2021
  • Horario: de 11:00h a 14:00h e de 15:30h a 18:30h.
  • Lugar: Gyngo Mandarino, Chenlo, Porriño
  • Precio: 70 € (todo o material incluido)
  • Imparte: @peixeneroceramica  | Organiza: @gyngomandarino

Neste taller realizaremos diferentes pezas cerámicas con arxila branca, como pratos, tazas ou xarróns. Como proposta decorativa, probaremos con varias técnicas de pintura e impresión de plantas.

Non require experiencia previa.

QUÉ INCLÚE:

Os materiais veñen incluídos, mais invito á xente a traer da casa se o desexan, as súas propias ferramentas e ideas. Trátase de xogar e experimentar! Tamén aconsellaría traer un mandil ou roupa que non importe manchar de arxila.

MATERIAIS:
  • Arxila Gres Branca
  • Utensilios para modelar (palillos, rodetes, táboas, etc.) e pintar (pinceis, esponxas, etc.).
  • Engobes coloreados e outras pinturas cerámicas.
  • Follas, ramiñas, flores secas ou frescas… tamén poden servirnos tecidos, encaixes e outras texturas.
  • As pezas realizadas serán posteriormente enviadas ao domicilio das asistentes, debidamente esmaltadas e cocidas para o seu uso culinario ou decorativo.

SOBRE PEIXENERO:

Graduada en Belas Artes e cun máster de Investigación en Debuxo Contemporáneo, Nero formouse en cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo, así como de aprendiz no taller do ceramista Nano Unzueta a través dunha beca de Artesanía de Galicia. Nos últimos anos traballou en diversos obradoiros de cerámica e dende vai tres anos leva o seu propio espazo, no que imparte clases e realiza o seu proxecto persoal de creación.


CONTACTO E INFORMACIÓN: Se tes algunha dúbida ou consulta, escríbenos un correo cos teus datos e contactaremos contigo para axudarte: gyngomandarino@gmail.com

  • É obrigatorio o uso de mascarilla. No taller facilitaremos xel hidroalcohólico.
  • No caso de que non te chegue o correo de confirmación podes comprobar se se colou na carpeta de spam.